lunes, 22 de enero de 2018

MICRORRELATOS DO CLUB DE LECTURA SENIOR

 
Os lectores leirantes adultos, ademais de compartir lecturas, atrevémonos coa escritura
o reto era facer un microrrelato utilizando cinco palabras sacadas ao azar dunha urna na que previamente se introduciran moitas.

 

As palabras extraídas foron: xílgaro, princesa, nacer, cancioneiro e amistade.



     Neste caderno iremos publicando os microrrelatos de cada membro do noso club de lectura senior:






domingo, 26 de noviembre de 2017

Contra a violencia machista (25 N)

 
Co gallo do Día Contra a Violencia Machista, 25 de novembro, durante esta semana organizouse unha serie de actividades, tanto para o alumnado como para o resto da comunidade educativa. 




 


Unha delas foi a desenvolvida o mércores 22 ás 19.30 na biblioteca do centro: presentación de As miñas fillas devolvéronme a vida a cargo da autora, Inés Fernández Lamela


Este acto foi organizado pola ANPA, coa colaboración de Arsilia Díaz, profesora responsable da área de Igualdade.

Tras unha charla conmovedora, na que a autora expuxo a súa propia e terrible experiencia, os asistentes puideron facerlle unha serie de preguntas.

 















Non á violencia 
contra as mulleres!!!!




viernes, 24 de noviembre de 2017

Día da TRADICIÓN ORAL

Organizado polo EDLG, o pasado 6 de novembro o alumnado de 4º ESO participou na celebración do Día da Oralidade recitando cantigas, interpretando contos e lendas, e cantando algunhas pezas tradicionais acompañadas de música


Contamos coa inestimable colaboración da profesora de música, María Cabo, que dirixiu o coro, así como a dalgúns profesores voluntarios. Fefa foi a mestra de cerimonia e rematamos cantando todos, participantes e espectadores, unha fermosa cantiga. 
    


Grazas a tod@s. 
















Podes velo completo en É un falar


lunes, 6 de noviembre de 2017

RETO de NOVEMBRO


Un libro escrito por un/unha Premio Nobel


Vicente Aleixandre, Jacinto Benavente, Pearl S. Buck, Albert Camus, Camilo José Cela, Grazia Deledda, Bob Dylan, Gabriel García Márquez, William Golding, Günter Grass, Ernest Hemingway, Hermann Hesse, Juan Ramón Jiménez, Rudyard Kipling, Herta Müller, Luigi Pirandello, José Saramago, Jean Paul Sartre, Mario Vargas Llosa...




Ven á nosa biblio, escolle un libro e apúntate ao reto. 


Hai moito onde elixir!!!


martes, 24 de octubre de 2017

DÍA das BIBLIOTECAS


24 de outubro - Día das Bibliotecas


 
Queres recibir un agasallo?



Pois pásate hoxe pola biblioteca na hora do recreo para recoller ou devolver algún libro e ... 

  
-Recibirás un agasallo.
-Participarás nun sorteo.





...e a gañadora do noso concurso foi: 

CRISTINA ESPIÑEIRA de 3º ESO B